• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
Conservatorio de Música Profesional de Vilagarcía de Arousa

Conservatorio de Música Profesional de Vilagarcía de Arousa

Páxina oficial do centro

  • Inicio
  • 🗓️ CALENDARIO 25/26
  • 🗂️PLANS DE ESTUDO
    • Grao Elemental
    • Grao Profesional
  • 🏫 O CENTRO
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Lexislación e normativa
    • Información secretaría
      • Aviso legal
        • Descargo de responsabilidade
        • Política de cookies
  • 🔗 WEB DO CMUS EN EDU XUNTA
  • 🎓 AULA VIRTUAL

Conservatorio profesional de música de vilagarcía de arousa

Estás a un click de tocar un instrumento

ANÍMATE!

Temos unha morea de instrumentos esperando por ti…

MATRICÚLATE!

O teu conservatorio en Vilagarcía

No Conservatorio de Música Profesional de Vilagarcía de Arousa poderás estudar Grao Elemental ou Profesional en distintas especialidades instrumentais, aprender linguaxe musical e formar parte de agrupacións desde o primeiro curso.

Ensino reglado

Ofrecemos ensinanzas oficiais nos graos Elemental e Profesional, cun plan de estudos que combina clases individuais, materias colectivas e agrupacións instrumentais e vocais.

Probas de acceso

Preparamos e organizamos as probas de acceso aos graos Elemental e Profesional. Trátanse de probas avaliadas por tribunal, con xornadas informativas previas para orientarte no proceso.

Actividades complementarias

Ao longo do curso programamos concertos, clases maxistrais e obradoiros con profesionais invitados, para enriquecer a formación do noso alumnado. Sempre abertos a novas propostas!

Agrupacións

O noso alumnado participa en agrupacións, incluíndo música de cámara, coro, agrupación de vento e percusión e orquestra sinfónica. A interpretación colectiva é unha parte fundamental da nosa metodoloxía, favorecendo o crecemento artístico e persoal.

Aprender música é un dereito humano. Non se necesita para vivir, pero a vida non é a mesma sen ela.

Violeta Hemsy de Gainza. Pianista e pedagoga arxentina.

Escóitanos!

De cando en vez tamén ímonos coa música a outra parte 🎺🎼🎶🎻🎷

Outro dos nosos obxectivos é facer actividades relacionadas coa música máis alá das paredes do noso CMUS, por iso ao longo do ano imos programando actividades extraordinarias.

Concertos e audicións

Organizamos concertos temáticos, audicións individuais de instrumento e concertos das agrupacións de cámara, vocais e sinfónicas.

Clas clás e CantArousa

Entre as actividades que organizamos destacan o CLAS CLAS, un festival internación de música clásica e o CantArousa, un encontro coral escolar que promove a participación musical desde idades temperás.

Ponte en contacto connosco para comezar

Encantaríanos saber de ti e formar parte da túa formación musical. Envíanos unhas liñas e porémonos en contacto contigo en canto poidamos!

enderezo

Av. da Mariña, 26, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

teléfono

986 50 09 16

Email

secretaria@cmusvilagarcia.gal

© Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa · Política de cookies (EU) · Facebook · Instagram ·